Chega o Día das Letras Galegas a Parque Ferrol !
Neste día tan especial celebramos dende fai anos, a identidade da nosa terra e da nosa lingua. Pero realmente sabes por que se celebra?
Que se celebra o Día das Letras Galegas?
O 17 de maio, conmemorase a publicación do primeiro exemplar da obra “Cantares Gallegos”, de Rosalía de Castro. Este acontecemento marcaría o resurxir do renacemento cultural de Galicia.
Esta celebración foi instituida en 1963 pola Real Academia Galega co obxectivo de homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria ou defendesen a lingua. Cada ano, este día vai dedicado a unha personalidade distinta.
Algúns dos autores que se encontran entre os homenaxeados en anos anteriores son ferroláns. Como por exemplo Carvalho Calero, Valentín Paz-Andrade ou Ánxel Fole.
Pero, a quen vai dedicado o Día das Letras Galegas 2024?
Luísa Villalta será a poeta homenaxeada o Día das Letras Galegas de este ano. A autora coruñesa (15 de xulio 1957 – 6 de marzo 2004) foi unha gran figura dentro da literatura galega, xurdida na segunda metade dos anos 80 e principios dos 90.
Neste día, tamén hónrase á xeración de autores e autoras da década dos 90 e do inicio do século XII. Unha xeración caracterizada pola ambición de crear unha nova realidade para un tempo novo.
Luísa representa este impulso e ensaia diferentes formas de expresión mentres experimenta con diversos xéneros, destacando a poesía. Nesta poesía da transición de século, as mulleres foron as grandes protagonistas.
Como vai ser o Día das Letras Galegas en Ferrol?
O Concello de Ferrol prepárase para celebrar un coloquio a Luísa Villalta con poesía, música e literatura. O acto dará comezo as 17:00 horas e contará coas actuación das rondallas Santa Uxía de Mandiá e Club de Campo e del Real Coro Toxos e Froles. Durante o acto, se poñerá en valor a obra da poetisa.
Vai ser unha gran oportunidade para gozar de tempo en familia ou con amigos deste día festivo!
Aínda que se quedas con ganas de máis…
Celebrar as Letras Galegas en Parque Ferrol!
O vindeiro xoves 23 de maio, non te perdas “Un Mar de Letras”, un encontro literario que organizaremos no Centro Comercial Ferrol en honra ás Letras Galegas.
Pero antes de asistir, podes aproveitar para dar unha volta polo Centro Comercial e facer algunas compras na nosa tenda de Pepco Ferrol ou gozar dun aperitivo no Burger King Ferrol.
O encontro terá lugar na praza central de Parque Ferrol e contará coa presenza de grandes escritores como Rober H. L. Cagiao, Pablo J. Rañales e Raquel Villanueva Lorca.
Será unha xornada na que falarán das súas últimas obras escritas en galego e da literatura galega, co motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Ao finalizar, sortearemos entre todos os asistentes un exemplar de “Entroido” de Rober H. L. Cagiao e de “Os Afogados” de Pablo J. Rañales.
Non te esquezas!, o vindeiro xoves 23 de maio empápate da nosa literatura e ven a desfrutar dun encontro literario único e especial so aquí, en Parque Ferrol.